Nota de pasamento

🖤 𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗣𝗔𝗦𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢

Con profundo pesar, o Concello de Castrelo do Val comunica o falecemento do seu alcalde, D. Vicente Gómez García quen adicou gran parte da súa vida ao servizo público e ao progreso do noso municipio, exercendo a Alcaldía durante 21 anos.

En nome da Corporación Municipal e de toda a veciñanza, queremos expresar o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas nestes momentos de inmensa dor.

O seu compromiso, a súa adicación e o seu traballo incansable por Castrelo do Val permanecerán para sempre na memoria do noso concello.

𝗤𝘂𝗲 𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗰𝗵𝗲 𝘀𝗲𝘅𝗮 𝗹𝗲𝘃𝗲 𝗗.𝗘.𝗣. D. Vicente Gómez García

🖤 O Concello de Castrelo do Val únese á dor da súa familia e decreta tres días de loito oficial en sinal de respecto e agradecemento pola súa entrega ao servizo da veciñanza.