Punto limpo
Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
Os obxectivos principais de estas instalacións son:
- Recupera-los materiais contidos nos residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
- Evita-lo vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
- Separa-los residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente como os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
O Concello de Castrelo do Val, está adherido aos servizos do punto limpo ubicado no POLÍGONO EMPRESARIAL de PAZOS.
Para o uso deste servizo, é necesario identificarse previamente como residentes no noso Concello (co DNI ou outra documentación legal que acredite a residencia no concello) e achegarse a devandito punto no seu horario estipulado.
Horario das instalacións
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | |
Mañá | 10:00-13:30 | 10:00-13:30 | x | 10:00-13:30 | 10:00-13:30 | 10:00-13:30 |
Tarde | x | x | 15:00-19:00 | x | x | x |
NOTA: para a recollida a domicilio é necesario telefonear previamente ao Concello (988 419 002) e comunicar un teléfono de contacto e os residuos que se queren eliminar. Así, o Concello porase en contacto có persoal do punto limpo e serán estes quen, un par de días antes da recollida a domicilio, se poñan en contacto directamente co interesado para que este deposite os obxectos na porta da súa casa/finca/lugar de residencia.
O prazo de tempo que transcorre dende que se chama ao Concello, ata que se recollen os residuos soe ser en torno ás 2 – 3 semanas. Aconséllase, en todo caso, NON depositar os obxectos na rúa ata non recibir a chamada dos encargados do Punto LIMPO.
