O Concello de Castrelo do Val ven de aprobar os presupostos para o ano 2014 sen apenas variación con respecto ao ano anterior. Destaca no orzamento a partida consignada a servizos sociais, arredor dos 150.000€, que segue a ser unha prioridade fundamental do Concello. Podes consultar detalladamente o orzamento facendo clic nas seguintes ligazóns:

*O capítulo de Investimentos reais quedará aprobado a través dunha modificación de crédito, unha vez que se coñezan as aportacións da Deputación, para os Plans Provinciais, e da Xunta de Galicia, para outros plans de obras, que serán cofinanciados polo propio Concello.