O Concello de Castrelo do Val disporá dun orzamento de 789.121€ para o ano 2013, aprobado no último pleno municipal.

No capítulo de gastos, as partidas de Gastos de persoal (191.000€) e Bens correntes e servizos (515.231€) son os conceptos que acaparan as maiores cantidades. No capítulo de ingresos, as transferencias correntes (442.540€) e os impostos directos (236.000€) son os conceptos que repercuten os maiores ingresos.

Dende o Concello destácase que, pese á reducción das aportacións de Xunta e Goberno de España, os orzamentos presentados e aprobados son realistas, centrados nos veciños ao tempo que se manteñen as contas saneadas e se cumpre co obxectivo do menor déficit posible.