O pasado 15,16 e 17 de abril, visitounos Iván García Barreira,técnico superior en educación e control ambiental, nun Obradoiro sobre Compostaxe organizado polo Concello de Castrelo do Val, dentro das actividades pedagóxicas promovidas pola entidade local e que se desenvolveu no CEIP Plurilingüe Raúl Fernández.
Os máis cativos/as, coñeceron o cliclo natural da materia orgánica de forma práctica, a compostaxe e o seu proceso e porqué é importante levalo a cabo, a recollida selectiva, a prevención de residuos… abordando os valores do traballo en equipo e o respeto ao medio ambiente, entre outros.