Castrelo do Val

Poboada desde a época castrexa, á que alude o topónimo, e durante a romanización, a parroquia de Castrelo pertenceu a Celanova durante a Idade Media. Primeiro aparece como Castrelos (1029) e logo co nome de Corral de Castrelo.

No 1480 atopámola mencionada nun documento con 23 veciños e pertencente a Lopo Salgado e a súa liñaxe.

No 1491 desígnase como Pousa e Lugar de Castrelo.

Coa constitución do condado de Monterrei son continuos os pleitos e protestas dos veciños de corral de Castrelo polas intrusións dos condes na mesma.

Finalmente, no 1551 é desmembrada de Celanova e despois dun tempo baixo poder real pasa a depender do Condado.

O topónimo provén do latín castrum, castro, castelo con sufixo diminutivo –elum.

Fotografías de Castrelo do Val

Pulsa esquerda ou dereita para ver máis fotografías

Predición Meteorolóxica

A Estela do Guerreiro