O Concello pon en marcha un novo proxecto que quere potenciar a compostaxe doméstica que consiste na reciclaxe en orixe de materia orgánica converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio particular pode utilizar na horta nas terras de cultivo ou no xardín substituíndo polos fertilizantes artificiais.
O Concello quere involucrar neste proxecto os veciños e veciñas residentes no Concello que teñan unha vivenda cun mínimo de 50 m de parcela anexa a que se unan a esta campaña.
A inciativa consiste na cesión gratuíta de composteiros domésticos combinada con
campañas informativas e visitas de persoal especializado que acudirá ás propias vivendas para seguimento e asesorar sobre o uso axeitado do equipamento.
Aquelas persoas que cumpran os requisitos e desexen formar parte desta iniciativa xa poden facer a reserva gratuíta do seu composteiro cumprimentando este
FORMULARIO (Os composteiros serán adxudicados por orden de entrada das solicitudes é hasta fin de existencias).