Inmersos xa no século XXI, desde o Concello de Castrelo do Val queremos que as novas tecnoloxías sirvan para que os servizos públicos e a calidade da xestión municipal acade cotas de altura que os veciños do concello merecen.
Para iso, poñemos en marcha un coidado servizo de administración electrónica a través do cal os nosos veciños poderán estar cerca nosa por moi lonxe que estean.
Coidamos, ademais, que con esta web melloramos a canle de comunicación cos diferentes públicos, e servirá para dar a coñecer os atractivos e os valores que posúen os nosos pobos e que, desta maneira, abrimos ao mundo. Dende este momento, calquera habitante poderá pasear pola nosa terra sen moverse do seu ordenador.
A todos os que visitades a nosa web, benvidos!
Vicente Gómez García