Punto Limpo

Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Os obxectivos principias de estas instalacións son:

    • Recupera-los materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
    • Evita-lo vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
    • Separa-los residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.

 

O Concello de Castrelo do Val está adherido aos servizos do punto limpo ubicado no POLÍGONO EMPRESARIAL de PAZOS. Para o uso deste servizo, é necesario identificarse previamente como residentes no noso Concello (co DNI ou outra documentación legal que acredite a residencia no concello) e achegarse a devandito punto no seu horario estipulado:

Horario das instalacións
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sabado
Mañá 10:00h – 13:30h 10:00h – 13:30h 10:00h – 13:30h 10:00h – 13:30h 10:00h – 13:30h 10:00h – 13:30h
Tarde Pechado 16:30h – 20:15h 16:30h – 20:15h 16:30h – 20:15h 16:30h – 20:15h 16:30h – 20:15h

Para a recollida a domicilio, é necesario telefonar previamente ao concello (988 419 002) e comunicar un teléfono de contacto e os residuos que se queren eliminar. Así, o concello porase en contacto co persoal do punto limpo, e serán estes quen, un par de días antes da recollida a domicilio, se poñan en contacto directamente co interesado para que este deposite os obxectos na porta da súa casa / finca / lugar de residencia.

O prazo de tempo que transcorre dende que se chama ao concello ata que se recollen os residuos soe ser en torno ás 2 – 3 semanas. Aconséllase, en todo caso, non depositar os obxectos na rúa ata non recibir a chamada dos encargados do Punto Limpo.

Lembrade que o coidado do medio ambiente é cousa de todos!