O Pleno do Concello de Castrelo do Val aproba por unanimidade os Orzamentos do ano 2017.

O orzamento para o vindeiro exercicio ascende ata os 800.190€, un orzamento, un 4% inferior ao ano anterior.

No entanto, a partida consignada a servizos sociais sobe ata preto de 180.000€ (un 20% máis que no exercicio anterior), afianzándose coma unha das prioridades do Concello.

Este ano, ademáis, prevese contar cun remanente de tesourería de preto de 80.000€ que se empregará para diversas obras a exectura a partires do primeiro trimestre do 2017.

Velaquí van os orzamentos desglosados por capítulos, tanto para os gastos coma para os ingresos

desglose2017

Estes son os orzamentos aprobados nos anos anteriores, na sección de información económica da web.