Próxima apertura das Piscinas Municipais

Nos vindeiros días procederase á apertura das piscinas municipais do Concello de Castrelo do Val. No ano 2009, o Plan E concedeulle case 220.000€ ao concello de Castrelo do Val para a inversión en infraestruturas municipais. A xunta de goberno local decidiu invertir os cartos nas piscinas municipais que se atopan en Castrelo do Val, na estrada que une a capitalidade municipal con Gondulfes.

Nestes momentos a construcción destas piscinas avanza a bo ritmo, como se pode ver na seguinte foto.

O feito máis destacable destas pisicinas é o sistema de cloración que se utilizou: no canto dun sistema de cloaración tradicional e eminentemente químico, optouse por un método de cloración por electrolisis de auga salgada que descompón a sal da piscina para fabricar o cloro que lle fai falla á piscina. Ademais, os cloradores salinos non xeran ácido isocianurico.
Para os que estén pensando que será como a auga do mar, ha de quedar claro que a sal que contén esta piscina é 6 veces menor que a auga salgada do mar.

A continuación publicanse as tarifas para este ano 2010, cun desconto do 30%, como se pode observar, para os veciños do concello. Visiten asíduamente esta web para coñecer con exactitude as datas de apertura.

Tarifas* ano 2010
  Franxa idade / situación familiar Non residentes** Residentes**
Diaria 3 – 14 anos 1 0,70
> 14 anos 1,5 1
Quincenal 3 – 14 anos  8 5,60
+ 14 anos  12 8,40
Matrimonio sen nenos  16,5 11,55
Matrimonio + 1 fillo (< 14 anos)  22 15,40
Matrimonio + 1 fillo (> 14 anos)  25 17,50
Matrimonio + 2 (ou máis) fillos (< 14 anos)  28 19,60
Matrimonio + 2 (ou máis) fillos (> 14 anos)  34 23,80
Mensual 3 – 14 anos  16  11,20
+ 14 anos  24  16,80
Matrimonio sen nenos  33  23,10
Matrimonio + 1 fillo (< 14 anos)  44  30,80
Matrimonio + 1 fillo (> 14 anos)  50  35
Matrimonio + 2 (ou máis) fillos (< 14 anos)  56  39,20
Matrimonio + 2 (ou máis) fillos (> 14 anos)  68 47,60

*A unidade de medida é o Euro
** A acreditación como residente prodúcese mediante certificación oficial no Concello ou documento censal que acredite a veciñanza administrativa no Concello de Castrelo do Val