B A N D O

D. VICENTE GOMEZ GARCIA ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL (OURENSE).

LIMPEZA E ROZA DE TERREOS

FAI SABER:

A Xunta de Galicia, publicou no Diario Oficial de Galicia, unha resolución na que recorda a obriga de manter limpas as fincas nunha distancia de 50 metros do núcleo urbano.

Polo que atendendo á normativa legal, antes do 10 de xullo do 2020, as persoas propietarias de fincas urbanas, rurais e/ou forestais deben cumprir coas obrigas de limpeza e, de maneira especial, lembráselles que teñen que manter, permanentemente limpas, as franxas de protección establecidas arredor do solo urbano, de núcleo rural, edificacións, vivendas illadas e urbanizacións.

Exporanse os planos delimitando as zonas a limpar en todos os núcleos de poboación.

Así mesmo, recordámoslles que se lle abrirá un expediente sancionador ás persoas que non limpen as fincas.

 

Castrelo do Val a 19 de maio de 2020
O ALCALDE

Asdo. Vicente Gómez García