Oferta turística

O concello ofrece numerosos atractivos ao visitante, que pode compartir a vida típica do interior de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural, inmersos na tranquilidade e espléndidas paisaxes.

No núcleo principal, Castrelo, unha casa foi restauradas, mantendo a tipoloxía tradicional de pobos de montaña, para destinala a aloxamento de turismo rural:

Casa Rural «Casa do Americano»

Rúa O Fúlix – Castrelo do Val
Telf: 988 419 070 / 676 461 752
Servicio de Aloxamento

No núcleo urbano de Pepín tamén existe outra casa rural

IMG_4636

Aldea Rural «A Cortiña»

Pepín s/n
Telf: 988 419 215 / 645 263 522 / 645 263 711
Servizo de Restauración e Aloxamento

As casas son de pedra con amplas barandas de madeira desde onde podemos admirar as montañas do parque natural da Serra do Invernadeiro.

A oferta de aloxamentos complétase cunha pensión que se sitúa na aldea de montaña de Campobecerros.

Pepín 1-08-2008 034

Albergue da Rosario

Campobecerros
TElf: 650 530 547 (móbil) e 988 308 943
Capacidade para 18 persoas

Pensión Núñez: «O merendeiro»

Campobecerros 1
Telf: 988 305 421
Servizo de Restauración

Para degustar os produtos típicos da comarca encontramos algúns restaurantes e bares:

Mesón «A Charrela»

Castrelo do Val – Estrada Castrelo – Gondulfes
Telf: 988 419 129
Cunha capacidade de ata 40 persoas, as súas especialidades son o churrasco, o chuletón e o cocido.
Alén do servizo de restauración, posúe un servizo de aloxamento. Habitualmente pecha os luns e mais a última quincena de setembro.

IMG_4645

Bar «Belisu»

Nocedo
Telf: 988 419 160
Ten por especialidade os embutidos tradicionais e as anguías

Para facer un alto no camiño, unha opción interesante é algún dos bares / tabernas tradicionais:

Lito’s ultramarinos

No centro de Castrelo, un bar onde poderás atopar de todo.

Taberna Benigno

Ubicada en Nocedo, ofrece un bo descanso.

Taberna de Servoi

Enmarcada no centro do pobo de Servoi, convértese nunha taberna de obrigada visita para todos aqueles que se achegan aos pobos máis altos do Concello.

Bar do Lucho

En Gondulfes, un bar onde parar a tomar algo.