Lume en Servoi (2015). Fotografía de Santi M. Amil (La Voz de Galicia)

Ante a proximidade do verán, o Concello de Castrelo do Val solicita á Consellería de Medio Rural a organización de xornadas formativas nos diferentes núcleos de poboación de Castrelo do Val para dar a coñecer entre a veciñanza a s medidas de prevención de incendios forestais contemplados na nova lei.

Segundo o rexedor, Vicente Gómez García, “as dificultades para trasladar a información a todos os públicos e a nosa situación orográfica e de alto risco de incendios fan precisas accións formativas deste tipo”.