O Concello de Castrelo do Val vén de renovar a súa páxina web, e mellora a súa arquitectura da información para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns.

Na nova web cobra especial importancia a transparencia da información municipal, e por ese motivo estarán dispoñibles os datos económicos.

Ademais, tamén será posible coñecer, un a un, os dezaséis núcleos de poboación que conforman o noso concello, na sección “os nosos pobos“.

Tamén está dispoñible para todos os veciños o arquivo histórico das revistas municpais que edita o propio concello e que reparte en papel aos seus veciños, na sección “revista de información muncicipal

A “Estela de Pedra Alta” tamén terá o seu oco nesta páxina web, con información sobre o achádego arqueolóxico

Aproveitando o lanzamento da nova web, o concello muda o seu dominio ao .gal, o dominio galego en internet.

O DECRETO 74/2015, do 13 de maio que regula a organización da presenza na internet na administración galega baixo o dominio .gal. Este decreto será de aplicación a todos os órganos e entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A finalidade é a proxección dunha imaxe homoxénea da presenza da Administración xeral e do sector público autonómico baixo o dominio .GAL.

Con esta medida, a web do concello pasa a ser castrelodoval.gal, e convértese no primeiro concello da comarca en asumir o .gal como dominio principal para a súa presenza en internet.