O alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez García, reuniuse o pasado día 9 de outubro co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar cuestións relacionadas co saneamento dun dos núcleos urbanos de maior extensión do Concello: Campobecerros.

O concello de Castrelo do Val está afectado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil nas localidades do norte, e pola Confederación Hidrográfica Duero nas localidades do sur do concello.

Na reunión abordáronse tanto as necesidades do Concello como as posibilidades de actuación da Confederación Hidrográfica nunha cuestión medioambiental fundamental como é o saneamento dos núcleos de poboación.  Neste sentido, Gómez García sinalou a “boa disposición do presidente para arranxar a depuración” do núcleo de Campobecerros.

Nos vindeiros meses tratarase de formalizar unha proposta de actuación que permita un mellor e máis eficiente saneamento en Campobecerros