O vindeiro 11 de novembro ás 19:00h terá lugar no pavillón de Castrelo do Val a celebración dun magosto popular no que se degustará, entre outras cousas, do produto estrela da tempada na nosa comarca: a castaña.

As entradas teñen un custe de 4 euros para os maiores de oito anos (para os menores a entrada é de balde) e poden retirarse xa na Casa do Concello, no bar do Lito e na Charrela.

Organiza o Concello de Castrelo do Val coa colaboración da Deputación de Ourense e a Asociación de Veciños de Castrelo do Val