DON VICENTE GOMEZ GARCIA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL (Ourense)

FAI SABER:

Que debido á situación actual decretada polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, este concello fai público o seguinte:

PRIMEIRO: O pasado 18 de febreiro do 2020 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense as listas cobratorias correspondentes ao imposto sobre subministración de auga correspondente ao 2º semestre do 2019, anuncio no que se habilitaba un prazo de dous meses desde o seguinte á publicación para o pago dos recibos. No mesmo anuncio tamén se informaba que o vindeiro 15 de abril se habilitaba o pago presencial no propio concello e que o resto dos días, o pago tería que ser efectuado nas dependencias do Servizo de Recadación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

SEGUNDO: Debido á declaración do estado de alarma, a maioría dos trámites administrativos están paralizados, polo que se informa á veciñanza que o prazo do período de pago deste imposto quedou suspendido o pasado 14 de marzo e que se retomará unha vez se decrete o levantamento do estado de alarma.

É dicir, agás o período de 17 días hábiles que xa se computaron desde o 19 de marzo ata o 13 de marzo, ambos incluídos; o prazo volverá iniciarse unha vez reestablecida a normalidade ata completar o prazo dos dous meses iniciais. A tal efecto publicarase un novo bando informativo.

TERCEIRO: A data de pago presencial no concello (15 de abril) queda tamén cancelada ata o levantamento do estado de alarma no que se informará mediante bando da nova data habilitada.

O que se comunica e se fai público por interese xeral.

Castrelo do Val, 3 de abril do 2020.

O ALCALDE