Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.

Concello de Castrelo do Val 

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de COno seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando pola súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso a enerxía segura, sustentable e alcanzable.

Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao Pacto comprométense a redactar un Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), nun prazo máximo de dous anos desde a data de adhesión. O PACES inclúe un inventario de referencia de emisións (IRE) e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático.

Para a redacción do Plan a Consellería de Medio Ambiente convocou unha liña de axudas para os concellos interesados (Orde do 26 de xaneiro de 2021). O Concello de Castrelo do Val conta cunha axuda de 2.994,75 euros para a asistencia técnica na elaboración do correspondente Plan de Acción, ao abeiro da dita Orde.