O vindeiro 24 de marzo entra en vigor a ordenanza municipal  que regula o uso da pista de pádel de recente construción nas instalacións deportivas do parque do Terrón, en Castrelo do Val.

Calquera persoa que o solicite poderá utilizar a pista de pádel municipal, previa reserva no concello en horario de luns a venres entre as 8:45h e as 14:00h (non esta permitido facer reservas con mais de dous días de antelación). As reservas realizaranse por un mínimo de unha hora e un máximo de 2 horas.

A pista de pádel permanerá dispoñible todo o ano de 9 a 22h, incrementando ese horario ata as 23h durante os meses de xullo e agosto.

A continuación resúmense as tarifas:

  • Prezo de unha hora: 3 euros, 4 euros con iluminación artificial.
  • Prezo de hora e media: 4,50 euros, 6 euros con iluminación artificial.
  • Prezo dúas horas: 6 euros, 8 euros con iluminación artificial.
  • Bono pista pádel: 30 euros/dez reservas dunha hora, con luz 40 euros (Caducidade anual)
  • Aluguer de raquetas e pelotas por unha hora: 0,50 euros.