Como testemuño do dolor do pobo de Castrelo do Val, polo tráxico accidente de tráfico ocurrido esta madrugada, no que desgraciadamente faleceu Nerea Fernández Barreira, filla do ex alcalde de Castrelo do Val, Raúl Fernández Fernández.

A medio do presente, comunícase  que o Alcalde ven de adoptar o seguinte ACORDO:

PRIMEIRO: Mostrar, mediante esta Declaración Institucional, en nome do do concello e do pobo de Castrelo do Val, a condolencia e solidariedade coas familias dos falecidos.

SEGUNDO: Declarar loito oficial o día 27 de decembro (desde as 00:00 ata as 24:00 horas) durante o que as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media asta.

TERCEIRO: En nome da Corporación municipal, do pobo e dos familiares da falecida as mostras de condolencia, que de xeito oficial e particular, téñense manifestado a esta Alcaldía, para transmitilas aos familiares da falecida.