O 12 de abril dará comezo un curso de “Poda de Viñedos”. O curso terá lugar no salón de actos do centro cooperativo do polígono de Pazos.

A inscrición é de balde, e pode realizarse nas oficinas da Asociación Monteval ou ben no teléfono 988 590 233.

Toda a informació do curso en www.monteval.gal

Os temas a tratar neste obradoiro serán os seguintes:

  • Necesidade e interese da poda. O equilibrio das plantas.
  • Sistemas e tipos de poda das vides.
  • Sistemas de conducción.
  • Poda invernal e poda en verde.
  • A Poda de recuperación.