O vindeiro xoves 13 de setembro dará comezo o curso gratuíto de aprendizaxe da Danza branca de Fontefría. O curso está organizado polo Concello de Castrelo do Val coa colaboración da Deputación de Ourense, e nace co obxecto de recuperar e manter o noso patrimonio cultural. O curso ten unha duración de dous meses.

As persoas interesadas en coñecer e practicar o baile tradicional da Romaría dos Danzantes de Santa Marta en Fontefría poden achegarse á Sala Multiusos do Terrón o día 13 ás 20:00h, previa inscrición na Casa do Concello.

A “Danza branca de Fontefría” é unha das poucas que se celebra na provincia de Ourense. Tes máis información sobre as danzas brancas neste artigo de Cultura Galega