O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL CANCELA A REAPERTURA DE PORTAS DO MUSEO ETNOGRÁFICO-ARQUEOLÓXICO ESTE VINDEIRO SÁBADO SEGUINDO AS RECOMENDACIÓNS DAS AUTORIDADES SANITARIAS ANTE O AVANCE DO CORONAVIRUS

 

O alcalde indica: “Por precaución, prevención e responsabilidade, debemos cancelar este acto social para protexer e protexernos todas e todos, colaborar coas medidas de contención do virus indicadas e por temos sempre presente que a saúde da cidadanía ocupa o primeiro lugar na lista das nosas prioridades”

 

Castrelo do Val, 13 de marzo do 2020. O Concello de Castrelo do Val vén de anunciar a cancelación da reinauguración do museo etnográfico-arqueolóxico municipal previsto para este vindeiro sábado 14 de marzo, seguindo as indicacións emitidas polas autoridades sanitarias ante o avance do CoVid-19 entre a poboación.

 

“Por precaución, prevención e responsabilidade, debemos cancelar este acto social para protexer e protexernos todas e todos, colaborar coas medidas de contención do virus indicadas polo goberno central e autonómico e por temos sempre presente que a saúde da cidadanía ocupa o primeiro lugar na lista das nosas prioridades”, indica o alcalde da localidade, Vicente Gómez.  

 

A reapertura do museo así como os actos que o acompañaban implicaba a asistencia de público moi diverso e a súa celebración está desaconsellada no momento de crise sanitaria polo que atravesa todo o Estado. Estes actos adíanse sine die ata que sexa seguro para todas e todos.