Número de prazas: 1

Modalidade da contratación: Contrato por obra ou servizo determinado, a tempo completo.

Horario do contrato: 40 horas semanais, 8 horas ao día, conforme a      planificación dos traballos que ao efecto sinale o alcalde do Concello de Castrelo do Val.

Denominación do posto: Chófer de Tractor-Rozadora.

Salario bruto mes, incluindo pagas extras: 1.120,00 €

Tarefas a realizar: Levar a cabo co tractor rozadora traballos de limpeza e desbroce de camiños, zonas verdes e análogos no Concello de Castrelo do Val,  relacionados coas tarefas de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial, e todas aquelas relacionadas co servizo que a Alcaldía lle asigne.

Prazo de presentación das solicitudes no Concello e modelo de instancia:

No prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no B.O.P., mediante a instancia que se transcribe no anexo, presentada na Casa Consistorial, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

ANEXO BASES