B A N D O

 

DON VICENTE GOMEZ GARCIA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL (Ourense) 

FAI SABER: 

Que debido á situación de contención da transmisión do coronavirus (COVID-19) e de acordo coas instrucións da Consellería de Sanidade para evitar o contaxio e propagación da infección, este concello fai público o seguinte: 

PRIMEIRO: Suspéndense, ata novo aviso, as actividades de envellecemento activo, culturais, as dirixidas a nenos e nenas e deportivas programadas. 

SEGUNDO: Péchanse ao público, ata novo aviso, todas as instalacións e dependencias municipais, agás a Casa do Concello, en servizos mínimos. 

TERCEIRO: Polo que se refire á atención ao público no concello, prégase á veciñanza que acudan persoalmente só nos casos IMPRESCINDIBLES e OBRIGATORIOS e cando se trate de trámites improrrogables, o resto dos casos deberán agardar 15 días inicialmente. A atención ao público nas dependencias municipais limitarase só aos casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade en horario de 9:00 h. a 13:00 h.,  para verificar a necesidade de dito/a veciño/a. En caso de presenza física na Casa do Concello disporase dunha distancia mínima dun metro co público , un tempo máximo de 15 minutos de atención e evitarase o contacto físico.

Lémbrase que todas as persoas que conten cun enderezo electrónico poderán realizar os seus trámites a través da sede electrónica https://castrelodoval.sedelectronica.gal/ ou por medio de enderezo electrónico a través da conta administración@castrelodoval.com ou chamando ao teléfono  do concello:

988 419 002 

CUARTO: Lembre que é importante lavarse as mans con frecuencia e evitar espazos con moita afluencia de xente. Prégase ás persoas maiores ou con patoloxías varias que eviten saír dos seus fogares. 

QUINTO: Poden obter INFORMACIÓN sobre o CORONAVIRUS, chamando ao teléfono gratuíto.

900 400 116 

O que se comunica e se fai público por interese xeral. 

Castrelo do Val,  13 de marzo de 2020. 

O ALCALDE,

.