B  A  N  D  O

DON VICENTE GOMEZ GARCIA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL (Ourense)

FAI SABER:

Que debido á situación actual decretada polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, este concello fai público o seguinte:

Que durante a duración do mencionado estado de alarma e ata o seu levantamento, as nais/ pais ou titores do alumnado que non teñan medios propios ou acceso a impresoras, poden envialo ao correo do Concello de Castrelo do Val: administracion@castrelodoval.com e concertar no teléfono 988 419 002 (atención de 9:00 horas a 13:00 horas) unha hora de recollida deste material impreso, de xeito gratuíto.

O que se comunica e se fai público por interese xeral.

Castrelo do Val,  4 de abril do 2020.

O ALCALDE