O Alcalde-Presidente do Concello de Castrelo do Val, Don Vicente Gómez García, fixo saber a través dun bando municipal colocado en todos os núcleos de poboación que, debido á situación de contención da transmisión do coronavirus (COVID-19) e de acordo coas instrucións da autoridades sanitarias para evitar o contaxio e propagación da infección, este concello fai público o seguinte:

 

Todas aquelas persoas que teñan dificultades de acceso aos tratamentos médicos (medicamentos) que teñan receitados, por imposibilidade de desprazamento á farmacia; poderán ser atendidas por auxiliares do servizo de axuda no fogar en horario e data anunciados, dependendo do pobo do que se trate, ou nun número de teléfono que se puxo a dispor da veciñanza para tal efecto.

 

Este servizo consiste en que a auxiliar recollerá as cartillas no horario e lugar indicados (respectando as medidas de seguridade e distanciamento social para evitar contaxios) e entregará os pedidos de medicamentos no seguinte día que volva facer o seu traballo.

 

Este servizo prestarase unicamente mentres dure o estado de alarma decretado polo goberno do Estado.