Concello de Castrelo do Val

B A N D O

 

DON VICENTE GOMEZ GARCIA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL (Ourense)

 FAI SABER: 

O Concello de Castrelo do Val aprobou as listas cobratorias correspondentes ao imposto sobre subministración de auga correspondente ao 2º semestre do 2019 que se compón dos seguintes conceptos:

 O total do Padrón cobratorio ascende a 6.045,11 euros, sendo 2.788,39 euros o correspondente á auga, 278,93 euros ao IVE  e 2.977,79 euros ao canon da auga.

 O período de cobranza en voluntario abriuse ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (18/02/2020), por un prazo de dous meses.

Porén, coa crise ocasionada pola pandemia do COVID-19, os prazos administrativos víronse interrompidos durante a vixencia do estado de alarma.

Por isto, o Concello de Castrelo do Val reactiva os prazos do período de cobranza en base ao que segue:

 Datas e lugares de cobro: No Concello de Castrelo do Val, en horario de 9:30 a 13:30 horas, o día mércores 15 de xullo do 2020.

 O resto dos días do período de cobro, de luns a venres, ata o 17 de xullo do 2020, agás o mencionado día 15 de xullo, poderase acudir ás oficinas do Servizo de Recadación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, en horario de 9:00 a 14:00 horas (as oficinas do Servizo de recadación están situadas na Rúa Espido, na Estación de Autobuses de Verín, teléfono 988 413 547).

 Lémbrase, así mesmo, que as débedas tributarias non satisfeitas no período de cobro que se establece serán esixidas polo procedemento de prema, co 20% de recargo sobre o importe destas, intereses de demora e, no seu caso, as costas que se produzan.

 

Castrelo do Val, 26 de xuño do 2020.

O ALCALDE

 

Asdo. Vicente Gómez Garcia.