Estado anterior ás obras na estrada Campobecerros – Portocamba

Adif vén de comunicar ao Concello de Castrelo do Val o inicio das obras nas estradas municipais de Campobecerros – Portocamba e Campobecerros – O Bolaño, afectadas polas obras de Alta Velocidad que transcorren polo noso municipio.

As actuacións comprenden a demolición do formigón existente e a reposición e recargo do firme a base de tratamentos con riscos asfálticos, traballos de regularización de brandóns e bacheos existentes.

Dende o Concello acóllense de bo grao as actuacións sobre estas estradas, unha demanda do Concello solicitada en reitaradas ocasións, xa que ocasionaban trastornos aos veciños, dado o mal estado das vías como se pode aprezar nas imaxes.