O Concello de Castrelo do Val organiza actividades para os máis cativos durante os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril, coincidindo coa Semana Santa.

Os nenos e nenas escolarizados entre 3 e 12 anos de idade poderán participar nas actividades de manualidades, animación á lectura, obradoiro de igualdade, xogos e dinámicas que terán lugar na biblioteca municipal e no CEIP Castrelo do Val en horario de 9:00h a 14:00h.

Inscríbete de balde na casa do concello!