O Concello de Castrelo do Val organiza actividades de verán para nenos e nenas de 3 a 12 anos entre o 25 de xuño e o 31 de agosto, en horario de 9 a 14h.

Entre as actividades propostas para os e as cativas destacan obradoiros, xogos e manualidades que poderán gozar os máis pequenos e pequenas da casa. Inscríbete xa na Casa do Concello.