B A N D O

 

DON VICENTE GOMEZ GARCIA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL (Ourense)

 FAI SABER:

PRIMEIRO: A partir  do luns 25 de maio do 2020, o concello volverá estar aberto ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas.

SEGUNDO: Na medida do posible, prégase que sigan utilizando os medios telefónicos e a administración electrónica.

TERCEIRO: Co ánimo de evitar posibles aglomeracións, se precisan dalgún documento emitido nas dependencias municipais, sería axeitado que o soliciten por teléfono con antelación para evitar que teñan que estar agardando.

Deberán respectarse, sempre e en todo caso, as medidas de prevención e hixiene, mantendo unha distancia de seguridade (2 metros) entre as persoas. Deberase usar máscara protectora nos espazos pechados, en todas as dependencias municipais. As persoas usuarias terán ao seu dispor, xeles hidroalcohólicos para proceder á desinfección das mans antes e despois de seren atendidas.

CUARTO: Para recibir atención nos servizos sociais, será obrigatorio pedir cita previa para consultas presenciais ou telefónicas.

QUINTO: Para consultas de urbanismo, será necesario pedir cita previa.

Teléfono  do concello:

988 419 002

Sede electrónica:

https://castrelodoval.sedelectronica.gal

 Enderezo electrónico:

administracion@castrelodoval.com

 O que se comunica e se fai público por interese xeral.

Castrelo do Val,  19 de maio do 2020.

O ALCALDE.